Congresso Internacional Construção Naval. Arte, técnica e património. Vila do Conde

 
Do 23 ao 25 de maio vai ter lugar en Vila do Conde o Congresso Internacional Construção Naval. Arte, técnica e património. A construción naval en madeira, o patrimonio e o turismo e as memorias sociais e a comunidade son os temas principais do congreso. Este congreso está organizado pola Câmara Municipal de Vila do Conde e enmárcase no proxecto “Vila do Conde. Um Porto para o Mundo”.

A Câmara Municipal está traballando para inscribir as técnicas de construción naval en madeira no Inventário Nacional do Património Cultural Imaterial de Portugal e posteriormente na lista do Património Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO.

O programa do congreso é amplo e variado, destacamos algúns relatorios como o de Carlos Carvalho “Construções navais tradicionais em Portugal. Bases para a elaboração dum corpus” , o de José María Blanco Núñez “Construção naval em madeira El Ferrol (1740-1860)” ou os varios de diferentes autores que tratan especificamente da construción naval en Vila do Conde.

(Vía Navios e navegadores)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *