Contos do mar de Irlanda. Actualización

O vindeiro día 17 de setembro ás 20:00 h vaise presentar en Lugo, no Refectorio do Museo Provincial, o libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto. A presentación está organizada por Cultura do País.

A presentación prevista para o vindeiro venres 19 en Allariz queda suspendida temporalmente, xa que a primeria tirada do libro está esgotada e a librería Aira das letras, organizadora do evento non dispón de exemplares. Esgotou todos os que tiña na presentación que fixeron Xurxo Souto e Toño o Cesteiro na Arca de Noe en Vilar de Santos o pasado venres. Desta presentación é a imaxe de arriba.

Etiquetas