Contos do mar de Irlanda. Libro

Mañá 23 de xullo ás 21:00 h vaise presentar no Museo Massó o libro de Xurxo Souto Contos do mar de Irlanda. O acto organizado pola Libraria Miranda de Bueu e Xerais coa colaboración do Museo Massó contará coa presenza de Xurxo Souto e Manuel Bragado.

Contos do mar de Irlanda é «un libro coral no que se recompilan as voces de xentes humildes do mar, dos mariñeiros, patróns e fogueiros, dos gaiteiros do mar, de redeiras, traballadoras da conserva ou descargadores da coia. Un libro arca que recolle os tesouros das falas mariñeiras, incluídos os topónimos da costa e talasónimos galegos da xeografía do Irish Sea».

O libro inclúe un capítulo dedicado ás botas Bueu, elaboradas no obradoiro da familia Riobó nesta localidade. O dito obradoiro foi o primeiro en fabricar botas impermeables e flexibles para as tripulacións dos barcos de pesca. A maquinaria, as ferramentas e as botas que se conservaban integramente do obradoiro foron doadas ao Museo Massó e aproveitarase esta ocasión para mostrar unha selección das botas BUEU.

Deste libro Xurxo Souto dou un pequeno adianto na VI Xornada de Literatura de Tradición Oral, da que xa falamos anteriormente.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *