Contos do mar de Irlanda. Presentacións “terrícolas”

 
Xurxo Souto segue a súa ruta de presentacións do seu novo libro Contos do mar de Irlanda, agora deixa a costa polas terras do interior para presentalo en Lugo e Ourense. E en dúas destas presentacións estará acompañado por Toño o cesteiro, vello coñecido de moitos navegantes, asíduo de moitos Encontros, e que nos ten acompañado en viaxes a Douarnenez ou Brest.

Toño presentará o libro con Xurxo Souto porque, ainda que nado preto de Monterrei, antes de ser cesteiro Toño foi mariñeiro no Gran Sol e a historia do vivido por el neses tempos está recollida nun dos capítulos do libro. O mar chégavos ben lonxe.
 

 
Na presentación saberedes do Mar das Galiñas, da Cona da Vella, da Ferradura e doutros mares de Irlanda que teñen nome galego. Saberedes de patróns, mariñeiros solistas de orquestra, maquinistas pintores… E se ainda fixera falta máis incentivo para achegarse ás presentacións, estade seguros que non ha de faltar a música, Xurxo viaxa co seu acordeon e Toño é un grande gaiteiro.

As presentacións serán:

Venres 12 de setembro: Vilar de Santos. En compañía de Toño o cesteiro
A Arca da Noe (rúa do Forno 17), ás 21:00 h

Mércores 17 de setembro: Lugo
Refectorio do Museo Provincial (praza da Soidade), ás 20:00 h
Organiza: Cultura do País.

Venres 19 de setembro: Allariz. En compañía de Toño o cesteiro
Café Cultural Roi Xordo (rúa Castelao), ás 21:00 h
Organiza: Libraría Aira das Letras