Convocatoria de suxestións sobre as prioridades de investimento e investigación no Espazo Atlántico da UE

A Comisión Europea ten aberta unha convocatoria pública para que calquera persoa ou entidade interesada poida achegar suxestións sobre en que se debe investir os fondos destinados e investigación e investimentos na costa atlántica da UE.
As suxestións que se envien deben estar relacionadas cos cinco grandes retos da Estratexia Atlántica:

  • Aplicación do plantexamento ecosistémico.
  • Redución da pegada de carbono de Europa.
  • Explotación sostenible dos recursos naturais do fondo oceánico atlántico.
  • Reacción ante ameazas e emerxencias.
  • Crecemento socialmente integrador.

Esta é unha listaxe de suxestións compiladas polos Estados membros da UE.

É unha boa oportunidade para intentar influir nas políticas de investimento relacionadas co patrimonio marítimo. As suxestións hai que envialas a MARE-ATLANTIC-FORUM@ec.europa.eu e o prazo remata o 15 de febreiro.

Etiquetas