Conxuntos históricos no borde marítimo galego. Seminario


Os vindeiros 1 e 2 de xullo vai ter lugar no Consello da Cultura Galega o seminario Conxuntos históricos no borde marítimo galego.

O seminario, cun programa moi interesante, ten como obxectivo estudar a problemática destes conxuntos históricos e a súa protección e conservación patrimonial, con especial atención ás vilas de Cambados, Rinlo, Muros e Combarro.