Copa Balbina 2012

Este sábado 23 ás 17:00 tamén empeza en Sada a Copa Balbina , o trofeo que so viaxa por mar, e que está en posesión dos Patexeiros, os organizadores da Copa, que van defendelo por primeira vez.

A Copa consta de varias regatas e tamén da participación en eventos como a Regata de Redes, a de Ares e a Parrocheira de Ferrol.

Como a 1ª regata coincide co San Xoan os organizadores da Copa van facer unha sardiñada á que están convidados todos os participantes na regata, pero que require confirmación de asistencia cunha antelación de 24 horas.

Etiquetas