Creación dun grupo de traballo sobre cultura marítima e fluvial en Educación

Convócase a todas as persoas que traballen, teñan relación ou simplemente teñán interese na educación a participar nun grupo de traballo sobre Educación, mar e rios. Preténdese crear un lugar no que os interesados poidan contactar entre eles e intercambiar información e materiais sobre o mar e os rios co obxectivo de divulgar aspectos da Cultura Maritima e Fluvial nos centros educativos.
En función da resposta verase que sistema se usará para crear este grupo, que se quere teña autonomía para organizarse como os seus membros mellor consideren.
Se estás interesado en participar escribe a mar.rios.escola@gmail.com

Etiquetas