Crónicas da Concentración de Galeóns

En Dornablog e no blog da ACD Dorna podedes ver dúas crónicas sobre o acontecido na Concentración de Galeóns “A Rabandeira” que tivo lugar o pasado 24 de xullo en Vilanova.
Ambas coinciden en sinalar que o evento foi un éxito, e desde logo é moi importante que por primeira vez desde hai moitos anos se visen xuntos tantos barcos desta tipoloxía. E máis que serían se a falta de axudas non retrasasen os traballos de recuperación de barcos como o Comaira, Calmoseira, Galeón de Abelleira, Rei do mar, etc.

(Foto F. Piñeiro)

Etiquetas