Cultura inventariará as embarcacións tradicionais e históricas singulares

O Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Felipe Arias, anunciou na apertura da xornada técnica que tivo lugar no Museo do Mar, que a Consellería de Cultura vai proceder a inventariar as embarcacións tradicionais e históricas de caracter singular, para incorporalas no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.
Este primeiro paso na protección do noso patrimonio é unha excelente noticia, que esperemos sexa seguida por actuacións das diferentes Administracións Públicas neste mesmo sentido.

Etiquetas