Cursiño de carpintería de ribeira e mantenemento de embarcacións de madeira. Lorbé


Os Patexeiros, de Sada, organizan un Cursiño de carpintería de ribeira e mantenemento de embarcacións de madeira, que terá lugar no taller de Pepe, en Lorbé.
O cupo de asistentes é dun máximo de 8 persoas e as clases serán os sábados pola tarde, catro horas, do 17 de abril en diante.
O custo por persoa é de 85 euros para os non socios e de 60 para os socios dos Patexeiros.
Ademais de formar á xente neste arte, de axudar un pouco a conservar este oficio, os cartos reunidos axudarán a financiar a restauración do Balbina, un patexeiro de 12 metros, que por agora non está tendo ningunha axuda oficial.
É unha boa oportunidade para coñecer directamente as técnicas dos carpinteiros das Rias Altas.
Máis información no programa do curso

Etiquetas