Curso de carpintaría de ribeira en Moaña

A Asociación Sueste organiza un curso de carpintaría de ribeira no estaleiro de Carlagho en Moaña. As sesións do curso serán os sábados pola mañán e o curso é totalmente gratuito.

O programa do curso correrá a cargo dun carpinteiro de ribeira moañés que se presta a colaborar coa asociación Sueste no desenvolvemento desta actividade. A actividade pretende a recuperación dun pequeno bote, auxiliar dun barco carboeiro e que foi cedido á asociación por unha familia de Domaio. A recuperación desta embarcación ampliará a flota de embarcacións da asociación. Ademáis realizaranse outros labores de mantemento de pequenas embarcacións.

As prazas deste curso son moi limitadas, só cinco, polo que a inscrición será por rigoroso orde de solicitude. As persoas interesadas deberán remitir por correo electrónico a solicitude ao enderezo da asociación, asociacionsueste@gmail.com , indicando nome e apelidos, enderezo, correo electrónico ou teléfono de contacto, ou tamén achegándose ao estaleiro de Carlagho. Os menores de idade deberán estar debidamente autorizados polos seus pais ou titores.

(Imaxe Sueste)

Etiquetas