Curso de carpintería de ribeira (3ª edición). Lorbé


Volve convocarse o Curso de carpintería de ribeira que organizan os Patexeiros en Lorbé. Nesta terceira edición amplían as horas a 100 e estructuran o curso en dous módulos de 50 horas: un de iniciación; e outro de perfeccionamento.

O curso será impartido por carpinteiros profesionais no Taller de Pepe en Lorbé os sábados pola tarde.

Neste momento co peche da Escola Obradoiro Mar de Vigo so queda a posibilidade de formación en carpintería de ribeira na Aixola de Marín, polo que este curso é unha importante oportunidade de coñecer o mundo da construción naval en madeira.

Este curso, que é principalmente práctico, ten unha alta demanda e dado que so hai 15 prazas é importante facer a inscrición o antes posible.

Máis información (datas, horarios, prezos, programa) no web dos Patexeiros

Etiquetas