Curso de carpintería de ribeira en Lorbé


Volve o curso de carpintería de ribeira dos Patexeiros. Nesta 4ª edición a duración do curso será de 40 horas e o total de prazas ofertadas é de 15. As sesións do curso desenvólvese durante 4 horas as tardes dos sábados, e teñen un carácter principalmente práctico.

Como noutras edicións, o profesor do curso será Pepe, o carpinteiro de Lorbé. Fora da formación que dá a Aixola en Marín, este é o único medio de conseguir formación en carpintería de ribeira en Galicia.

A preinscrición no curso está xa aberta.

Actualización: xa está pechada a inscrición porque se cubriron as prazas ofertadas.

Etiquetas

Un comentario sobre “Curso de carpintería de ribeira en Lorbé

Comments are closed.