Curso de Carpintería de Ribeira. Lorbé


Os Patexeiros de Sada volven organizar o II Curso de carpintaría de ribeira. Terá lugar os sábados de 16:00 a 20:00 en Lorbé, cunha duración de seis semanas, e empezará o 16 de outubro.
Os resultados do primeiro curso foron excelentes, polo que calquera interesado na carpintería de ribeira volve ter a oportunidade de aprender da man de carpinteiros de ribeira profesionais.
Actualización: os obxectivos do curso serán:
– Coñecemento e manexo básico da ferramenta.
– Restauración dunha embarcación tradicional:
— Sustitución da roda.
— Reparación da estampa de popa.
— Sustitución de taboas do forro. Practicaremos o frasquiado, técnica fundamental para determinar a forma dos bances.
— Reconstrucción de cuberta (barraganetes, baos, trancanil, bancos, …).
— Calafateado
– Introducción ao trazado:
— Como tomar medidas sobre o tableiro.
— Elaboración de un tableiro de cartabóns para as cuadernas.
— Construcción dunha cuaderna como exercicio.
– Clase teórica sobre os efectos da acción galvánica sobre os metais da embarcación e como protexerse.

Etiquetas