Curso de iniciación á navegacion tradicional. Bueu

Os vindeiros días 12 e 13 de xullo haberá en Bueu un Curso de iniciación á navegacion tradicional organizado polos Galos en colaboración co Museo Massó. O curso está dirixido a persoas maiores de 14 anos e farase no bote xeiteiro (arriba na imaxe), traiñera e dorna da asociación Os Galos.

As prazas están limitadas a 15 persoas e o custo da matrícula é de 10 euros, que deben ingresarse na conta Novagalicia Banco: ES89 2080 5412 7430 40106599, e a inscrición farase efectiva coa entrega do comprobante do ingreso bancario. Máis información no teléfono do Museo Massó, 986 321 838, ou no correo museo.masso@xunta.es

Etiquetas