Cx9aaw’s Blog

Cx9aaw’s Blog é o blog de Javier Alonso, un shipspotter, un observador de buques, unha persoa interesada nos barcos e na construción naval que fai fotos e videos dos barcos construidos en, ou que pasan polo porto de Vigo.

O autor ofrece ademais de fotografías e videos, unha información moi completa sobre cada barco observado. A súa actividade non se reduce a este blog, mantén varios sitios de temática relacionada e participa noutras web similares.

No video de arriba podedes ver a entrada en porto do Edda Fides, un barco de 130 metros de eslora concebido para dar aloxamento a persoal en campos petroliferos, e que foi a construción número 1664 do Estaleiro Hijos de J. Barreras.

Etiquetas

2 cometarios sobre “Cx9aaw’s Blog

  1. Ola un saúdo e moitas grazas por dar a coñecer a miña blog tentou ofrecer tanto en imaxes como en vídeos todo ou case todo o que se esta construíndo pola nosa terra e dou algunhas informacións dos buques, tamén dou a coñecer os cruceiros e buques en xeral que entran e saen pola Ría de Vigo por aquí déixovos unha ligazón do meu Avatar que é onde teño case todo uns saúdos para todos de Xavier,

    http://gravatar.com/cx9aaw

    1. Ola Xavier, parabéns polo teu traballo, é importante porque ademais de ser de calidade recolle un material actual e dificil de atopar. Saudos

Comments are closed.