Da cova da rocha á feira: pesca, comercio e consumo de polbo en perspectiva histórica. Exposición

Mañá venres 23 de agosto vaise inaugurar no Marea, museo da memoria mariñeira de Porto do Son a exposición Da cova da rocha á feira: pesca, comercio e consumo de polbo en perspectiva histórica.

Recorrendo a diferentes materiais como textos (manuscritos de arquivos eclesiásticos, correspondencia de empresas privadas, noticias de xornais..), fotografías antigas, vídeos e obxectos (os útiles empregados polos polbeiros das dornas e polos polbeiros das feiras), a exposición amosa unha “industria” marítima, a da pesca e secado do polbo, que malia a súa grande importancia económica na Galicia dos séculos pasados, é pouco coñecida. Unha actividade económica cimentada na abundancia do cefalópodo nas nosas costas e na ampla demanda popular deste produto curado para as feiras, romaxes e mercados do interior do país e, en menor medida, para Portugal e para a Galicia exterior, os emigrantes en América.

Esta exposición estará aberta ata o 6 de outubro

Etiquetas