De «ganchete» con Urbano Lugrís e Antón Avilés de Taramancos

Dentro da ruta «Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol sen saír da Coruña», Xurxo Souto recala este xoves 18 de decembro, ás 20 h na librería Nova Colón ( San Andrés, 112) cos seus «Contos do Mar de Irlanda».

Nesta cita para reencontrármonos co talento submarino de Urbano Lugrís e Antón Avilés de Taramancos. Parella prodixiosa cuxa presenza iluminou nos anos cincuenta estas rúas do centro da cidade ( o poeta Antón Avilés residía nunha pensión na praza de Santa Catarina, Urbano Lugrís na propia rúa de San Andrés).

Este acto quere ser tamén un adianto dos fastos do V Día Lugrís que se desenvolverá o vindeiro sábado, promovido por In Nave Civitas, Asociación O Mural e AELG, e que deixará como pegada gráfica, na veciña praza de Sellier, unha gran reprodución de dúas obras do propio pintor Urbano.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *