De Nantes a Vigo

Baixo o título “De Nantes a Vigo. As transformacións económicas da Galicia costeira na época de Verne”, mañá xoves 19 as 20:00 no salón de actos do Museo do Mar de Galicia, con entrada libre, o profesor Angel Fernández fará unha análise das profundas transformacións tecnolóxicas, económicas e sociais acontecidas en Europa durante a época verniana, isto é finais do século XIX e principios do XX, especialmente no plano industrial, que Verne logo reflectiu nas súas novelas.

En Galicia, o fenómeno que máis transformou a paisaxe litoral foi a instalación de fábricas de conservas del atas a partires dos anos 1880, motivado en certa medida pola crise de sardiña acontecida na Bretaña francesa. Nantes, berce de Verne, foi a vila que veu nacer a industria da conserva de sardiña en lata. Do litoral nantés, a industria asentouse e consolidouse na beiramar galega.

Angel Fernández, nado en Santiago en 1960, é doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago e profesor titular do Departamento de Historia e Institucións Económicas. Autor de distintas investigacións publicadas en libros e revistas sobre a historia económica de Galicia nos séculos XIX e XX.

Etiquetas