Deseado, un barco de Covas

O Deseado é un barco de 6.20 metros construido en 1933. Ten a súa base en Covas, Viveiro. O barco ten a fasquía típica dos barcos do norte, aparellou vela cangrexa, pero logo tivo aparello tradicional de vela de martelo. O seu propietario ten un fermoso blog adicado ao Deseado, que non só nos permite ver en imaxes a evolución do barco desde os anos 30 do pasado século, tamén nos mostra a vida social que existía arredor dese barco, as persoas que medraron con el, as actividades nas que o barco era parte importante.

No mesmo blog tamén hai fotos e información sobre Viveiro e a súa contorna, algunhas destas fotos son bastantes antigas e moi interesantes.
Os nosos parabéns ao propietario do Deseado por ter conservado o barco en tan boas condicións e polo traballo e cariño posto no seu blog.