Deseño de rede de mariñas e navegación tradicional – Mar de Velas. En Cambados 27 de Setembro

Culturmar e varios dos colectivos que a integran está desenvolvendo o proxecto Mar de Velas, proxecto de cooperación dos GALP financiado con cargo aos fondos FEMP. Este proxecto ten como obxectivo a promoción do patrimonio flotante a través dun plano estratéxico para a creación dunha rede de Mariñas Tradicionais e de Navegación Tradicional.
A sua duración é de dous anos e os traballos técnicos corren da man da empresa ICSEM.
Dentro dos traballos que están en marcha, o día 27 de setembro celebrarase en Cambados un taller participativo no que todos os colectivos poderán poñer en común as súas propias expectativas, necesidades ou propostas. Como resultado deste taller elaborarase unha diagnose dos retos e oportunidades que se nos presentan, que terá a súa culminación na elaboración do Plano Estratéxico no que tomará corpo a Rede de Mariñas Tradicionais. Os traballos continuarán no vindeiro exercicio 2019 co deseño da Rede de Navegación Tradicional.
Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *