Dia da Marinha do Tejo 2014

O vindeiro sábado 14 de xuño vai ter lugar en Lisboa o Dia da Marinha do Tejo 2014. Segundo o programa a cerimónia será no Cais das Colunas, logo da que haberá un desfile dos barcos con varias pasadas diante do Cais e finalmente os 68 barcos tradicionais participantes dirixiranse á Base naval de Lisboa (Alfeite) para un convivio entre tripulantes e convidados.

Será unha boa oportunidade de ver a frota de barcos tradicionais do Tejo navegando xuntos.

Etiquetas