Días de mar. Exposición e Foros

Está aberta na Casa da Cultura de San Cibrao a exposición Días de mar, nela pódense ver fotografías e utensilios relacionados co mundo do mar no norte de Galicia. Esta exposición foi organizada polo Concello de Cervo, o Seminario Terras de Viveiro, Os Aventados e os voluntarios da Fundación Alcoa, e vai acompañada polo ciclo de foros Lembrando o noso que principia mañán sábado 25 ás 12:00 h coa charla de Carlos Nuevo Cal, Cronista oficial de Viveiro, sobre A pesca na Mariña.
O resto dos foros serán:

  • 08/02/2014, 12:00 h Problemática actual da pesca, por José Pino González, Capitán de Pesca
  • 15/02/2014, 12:00 h Construción dunha comunidade mariñeira, por José Manuel Montero Llerandi, profesor de Antropoloxía da UNED
  • 22/02/2014, 12:00 h Bitácora de navegante, por Andrés Díaz Ferro, Práctico de Porto e Capitán da Mariña Mercante
  • 08/03/2014, 12:00 h Un mar de cultura, por Vicente Míguez Salgueiro, mestre e escritor

Noticia en La Voz de Galicia

(Imaxe tomada de Vicente Míguez. Interesante o aparello ao terzo do barco en primeiro plano)

Etiquetas