Diversos creadores colaboran coa súa arte no X Encontro.

Nada máis poético co mar, nada máis propio que a memoria mariñeira. Varios creadores colaboran coa organización do Encontro para expoñer as suas creacións.

Berros no roncar das ondas.- O fotógrafo Xacobe Meléndrez Fasbender vai facer unha composicón artística onde compaxina as suas creacións gráficas con versos do poeta Bernardino Graña. Os versos do poeta do mar de Galicia estarán acompañados de imaxes creadas por Xacobe, resultando unha composicón artísitca unitaria que se exporán en forma de colgaduras polas rúas de Carril. A relación entre o home e o mar, non sempre amable, será o tema desta exposición.

Carril deitado no mar.- É unha exposición de carácter permanente que exporase os días do Encontro nunha das sás do Gato Negro. Proxectaranse imaxes vellas de Carril e as suas xentes, centrándose na relación desta vila co mar. Elaborada polo Faiado da Memoria, esta exposición recolle centenares de imaxes de mariñeiros, de labores de traballo, de paisaxes,…sendo un compendio completo da memoria mariñeira desta vila.

Lobos de mar.- Trátase dunha exposición que combina fotografía e maquetas de embarcacións. As fotografías, realizadas por Margó Fernández Crespo, son retratos de vellos mariñeiros, dos homes nos que o mar deixou a sua pegada no rostro. As maquetas son reproducción a escala de embarcacións mariñeiras. Auténtico catálogo da máis variada tipoloxía de barcos. É unha homenaxe á ferramenta fundamental dos homes do mar, dende a máis sinxela chalana ata o barco de longa navegación. Estos barcos, auténticas xoias do maquetismo, están feitas polo carrilexo Manuel García Ramos.

Velas na Ría.- É unha creación do artista Manuel González Chazo. Conxunto de barquiños de vela de diferentes cores que representan as formas tradicionais das embarcacións. Son un total de duascentas pezas, creadas para o Encontro, que servirán de agasallo a embarcacións e entidades colaboradoras.

Tamén navegar.- Antoloxía de poesía galega relacionada co mar, as embarcacións mariñeiras e a carpinteiría de ribeira. Este traballo presentarase o sábado día dous, ás dezaoito horas, na carpa da carpinteiría de ribeira.

Etiquetas