Dorna en 3D. A Jatiña

No web de Amigos da Dorna de Portonovo acaban de publicar o modelado en 3D da Jatiña. Este modelado foi feito por Darío Fontán e Rubén Cifrian a partir dun escaneado laser en 3D complementado por fotografías do barco.

O modelo interactivo pode ser visto desde practicamente calquera ángulo, e tamén pode verse o entramado de polígonos que forman o modelo usando os controis do visualizador.

Un excelente traballo que permite apreciar con detalle as características dunha dorna xeiteira construída por Domingo Ayaso en 1998 e que desde que naceu participou en todos os Encontros e representou a Galicia en Brest e Douarnenez.

Etiquetas