Dorna Sara. Novo proxecto de construcción. Blog

Hai tempo plantexouse no foro a construcción dunha dorna de tope, con elementos e técnicas constructivas actuais.
Agora, por sorte para todos nos, imos poder seguir a construccion da dorna Sara a través do blog que acaba de abrir o seu armador.
No blog podedes ver un plano xeral do barco, e fotografías dos primeiros momentos da construcción, ás que se incorporarán novos materiais conforme avance o traballo.
Na foto de arriba vese ao carpinteiro José Garrido, do Grove, trazando as plantillas que logo van usarse para cortar as cadernas.
Parabéns para o armador e sorte nesta navegación. E tamén agradecerlle que comparta con todos nos o nacemento do seu barco.

3 cometarios sobre “Dorna Sara. Novo proxecto de construcción. Blog

Comments are closed.