Dornas no Sar

Este sábado 12 de xullo como estaba previsto houbo unha homenaxe á Rosalía de Castro no Espolón de Padrón baixo o nome Que inchadiña branca vela. Na imaxe de arriba podedes ver as dornas da Illa, O Grove e Cambados izando velas no Sar como saúdo no comezo da homenaxe. No blog da ACD Dorna están a facer unha boa serie de crónicas sobre o evento cheas de interesantes fotografías.

(Imaxe ACD Dorna)

Etiquetas