El pórtico de ASTANO. Blog


Neste blog, El Pórtico de ASTANO, que ten pouco máis dun ano de vida poderedes atopar moitísima información sobre ASTANO, actualmente Navantia Fene, un dos estaleiros históricos de España.
O autor do blog recolle materiais de prensa, documentos oficiais, intervencións de políticos tanto no parlamento como noutro tipo de actos, para ir trazando a historia de ASTANO, e sobre todo os avatares polos que está a pasar o estaleiro recentemente.
Acompaña á información unha gran cantidade de fotografías de barcos e videos de botaduras e sobre a historia de ASTANO.
É unha mágnífica fonte de información sobre a construción naval en Ferrolterra.

Etiquetas