En primavera con rizos

O pasado 14 de abril tivo lugar en Ribeira a primeira regata do campionato de primavera que organiza Lajareu por Barlovento. O día foi frio e con bastante vento. No blog de Lajareu hai unha interesante crónica e unhas moi boas fotos da regata feitas por Juan, da que a de arriba é mostra.

Etiquetas

5 cometarios sobre “En primavera con rizos

  1. Moi bonito, pero alguén debería decir que con ese vento non se deben facer regatas, de todolos xeitos parabens a Lajareu pola sua adicación.

    1. Boas Vicente, pois en parte douche a razón sobre a non conveniencia de facer a regata pero tamén digo que as dornas velean perfectamente con ese vento. Eu fun un dos que non rematou a proba, primeiro decidimos sair e despois tomamos a decisión de retirar, sempre que isto se poida facer en condicións de seguridade penso que é axeitado e correcto. Estamos para pasalo ben non para sufrir.
      De feito a decisión inicial do Comité de regata foi suspendela. Da xente que estabamos ali xurdiu dalgúns a posibilidade de sair a dar un pequeno paseo, ir a Palmeira a tomar o cafe ou simplemente ir ata os Ratos e voltar. A raiz desto pediuse ao Comité que considerara a opción de facer unha regata pequena na zona máis abrigada, sen sair da zona dos Ratos e o dique do porto, o que considerou coa obriga dun rizo. Aquí é onde xoga un papel importante a vela que fixemos no Lajareu e que tanto da que falar. O corte por baixo desta vela permite tumbar o pau ata a pica de proa e deixa o puño da escota a unha cuarta do corredor co que podes ter todo o xogo de pau e cuñas que queiras sen perder maniobrabilidade coa vela.
      A Lusiña foi cun rizo e o pau tumbado de todo (nunha foto vese que a noz do pau está na vertical da popa e a vela sobre o corredor) e algunas que levaron dous rizos puxeron o pau ao medio.
      Aínda así, se non estivesemos arropados pola lancha do xuiz de regata e pola Cruz vermella sería unha irresponsabilidade, como estaba José co seu barco daba un punto mais de seguridade.
      Con isto quero aclarar que non foi unha arroutada, ten a súa base. Os do Comité de regata deciden e acátanse as súas decisións, pero tamén demostrou que permiten comentarios e suxestións.

    2. Coñecendo os de Lajareo e os que dirixen esta asociación,sei que está todo controlado e mais ca seguridade tanto dos tripulantes coma dos barcos

  2. Ola a todos e moitas a gacias a Javier polo seu comentario. (Non sei se nos coñecemos, Javier).
    Eu simplesmente quería engadir que entendo que a prudencia debe imperar por riba del calquera outra consideración nun Comité de Regatas á hora de manter ou suspender unha proba por causa do mal tempo; e este é sempre o criterio do Comité de Lajareu. en primeiro lugar estamos limitados pola propia Autorización de Regata de Capitanía; pero o vento non sempre e previsible e pode variar respecto das previsións. neste caso, tal como comentou o noso compañeiro Marcos o Comité decidiu celebrar unha regata nun comapo pequeno e abrigado e impuxo aos participantes un rizo na vela (a maioría coseron dous). Entendendo que a seguridade da regata comeza pola propia dorna, pola sua seguridade activa; sen descoidar a seguridade pasiva, coberta pola planeadora de apio do xuiz e a zodiac de salvmento da Cruz Vermella.
    Con esto non quermeo dicir que se propugnemos a asunción do mesmo criterio en claquera regata. AS nosas regatas de inverno e primavera contan con poucas dornas particpantes e con tripuación experimentadas, e moi disciplinadas en canto ao cumplimento das instruccións de regata e requerimentos do Comité. Todas as dornas están en “estado de revista” don velas iguales, máis pequenas que as habituais e deseñadas para evauar o vento por baixo e admitir con comodidade as tres posicións do pau e os dous rizos (de rizo e medio). Todas levan remmos, rizón, 40 metros de cabo e chalecos.
    Ademáis desenvólvense nun campo de regatas moi coñecido por todos, próximo e seguro. e cun xuiz moi experimentado e con presencia activa na proba que evita moitas maniobras “arriscadas”.

    E evidente que este tipo de regata tan “controlada” redúce os riscos e permítelle ao comité celebrar a proba con certas garantías.
    Noutro tipo de regatas máis concorridas, con tripulacións de moi distintos niveis e procedencias que non sempre coñecen o campo, e maior variedade de aparellos e medios, o Comité ten a obriga de ser moito máis restrictivo; porque debe garantir a seguridade do máis inexperto; ou da dorna máis precariamente armada ou aparellada. Por eso non cuestionamos (ao contrario, aplaudimos) as decisións deste e outros Comités de Regatas cando acordan suspender unha proba polo exceso de vento. E se tivemos que deplazarnos (ou os que tiveron que desplazarse) a outro porto non debemos tomar esta circunstancia da suspensión dunha regata como un “chasco” ou unha contrariedade: é unha ocasión perfecta para estar á veira do mar, saudar vellos amigos, tomar unhas cañas, e pensar na vindeira…

  3. Impresionantes Marcos e Suso. Xa é imposible expresarse mellor.

    Teño presenciado moitas veces as regatas do Lajareu e dou fé de que por seguridade non é.

    As dornas levan flotabilidade adicional, as tripulacións suelen ser expertas, está a planeadora do xuiz, a lancha da Cruz Vermella e o veleiro de José o Carreirán que sempre os acompaña.

    Como vedes, os riscos están minimizados, e sempre queda a mala sorte, pero fan todo o necesario para evitalos.

Comments are closed.