Encargo dunha réplica do Germania


A pesar das non moi boas noticias sobre o futuro do naval en Galicia, segundo o Faro de Vigo acaba de comezar a construcción dunha réplica da goleta Germania, un barco de 47 m de eslora deseñado e construido en Alemania no 1908 e que no seu tempo era un dos mais veloces da súa clase.
O estaleiro encargado do proxecto é Factoría Naval de Marín, que xa construíu unha réplica do Elena, e que tamén está a rematar a recuperación do Santa María Manuela.
O Germania foi requisado en Southampton ao comenzo da I Guerra Mundial e convertido nun restaurante e salón de baile flotante no porto de Miami. Rematou a súa vida perto de Caio Biscaiño xa co nome de HalfMoon.
Hoxe os restos do Germania son un pecio protexido e visitado por numerosos mergulladores.

Etiquetas