Encrucijadas para las sociedades pesqueras del sur en el marco de la globalización. Novo número da Revista Andaluza de Antropología

Ven de publicarse o número 4 da Revista Andaluza de Antropología que está dedicado á Antropoloxía marítima e da pesca. Baixo a coordinación de David Florido del Corral, este número da revista recolle traballos sobre as tensións e conflitos polos recursos pesqueiros, sobre a participación dos pescadores na resolución deses conflitos e na busca da sostenibilidade das pesquerías, e sobre as dinámicas de patrimonialización da cultura marítima como resposta á crise das pesquerías, tal como o coordinador explica na presentación.

Entre outros, publícanse interesantes artigos como Del patrimonio natural de los peces al patrimonio cultural del pescado: el Expai del Peix de Palamós de Juan luís Alegret que estuda o proceso de patrimonialización conxunto dun elemento natural, as especies de peixes que non entran no circuito comercial, e dun elemento inmaterial, a cultura gastronómica asociada a esas especies na comunidade local.

Outro artigo, Capitalismo pesquero y sindicalismo en la España de anteguerra: la Federación Nacional de Industria Pesquera de Dionísio Pereira, estuda a creación da Federación Nacional de Obreros de la Industria Pesquera y sus Derivados (FNIP) dentro da CNT a partir da experiencia da Federación Regional Galaica de Industria Pesquera y sus Derivados (FRGIP) e as especiais características da acción destas federacións dentro do movemento sindical en España no primeiro terzo do século XX. Nese tempo o sindicalismo mariñeiro medrou como consecuencia da irrupción con forza do capitalismo pesqueiro que levou a miles de persoas a traballar nunhas condicións moi duras, sirva como exemplo o arrastre do día en Marín, con xornadas de 14 horas, sen contar o tempo de traballo en terra, o onde non se paraba nin os domingos.

(Imaxe Juan Ruiz)

Etiquetas