Enredando no Nadal.Obradoiros

O Museo do Mar organiza neste tempo de Nadal uns obradoiros para nenos de 5 a 14 anos.
Enredando no Nadal desenvolverase por todo o Museo (Exposición permanente, exposición Marxinal e Acuario) e mesmo visitando os fins de semana o restaurante do Museo onde se levará a cabo un obradoiro gastronómico. As actividades están adaptadas a tres grupos de idade (5-7 anos; 8-12 anos; e 12-14 anos).
Como gran atractivo dos Obradoiros, o día 30 de Decembro, a artista Rebeca Ponte, cuxa instalación O espellismo Mariño está a ser exhibida dentro da mostra Marxinal, fará un obradoiro onde os nenos poderán aprender da súa man as técnicas que ela utilizou para desenvolver a súa obra.
Todos os obradoiros son gratuitos, excepto os gastronómicos que terán un custo de 10 euros.
As datas dos obradoiros serán:

  • Enredando no Nadal: 23, 24, 26, 30, 31 de decembro e o 2 de xaneiro,10.30h-13.30h
  • Obradoiro gastronómico: 27 e 28 de decembro, 3 e 4 de xaneiro, 11:00h-13:30h

Máis información e formulario de inscrición no web do Museo do mar

Etiquetas