Entre Ascón e Pescanova. Curso de verán


Do 21 ao 23 de xullo vai ter lugar en Moaña o curso de verán da Universidade de Santiago Entre Ascón e Pescanova. Construción naval, pesca de grande altura, e desenvolvemento da conxelación en Galicia.
O curso, dirixido por Xan Carmona e Jesús Giraldez, conta con destacados participantes, ademais dos directores daran conferencias Dionisio Pereira, Rosa Garcia-Orellan, Pedro Riobó, Alfonso Paz-Andrade, Luisa Muñoz Abeledo e Manuel P. Rúa.
O obxectivo do curso é retroalimentar a investigación que se está a levar adiante sobre a actividade da construción naval e a actividade industrial pesqueira no pasado século XX en Galicia, especialmente na ría de Vigo.

Etiquetas