Ernesto Goday, o mar do Grove nas coleccións dos seus veciños. Exposición

Mañán venres 8 de abril ás 20:00 h, vaise inaugurar no Centro de Interpretación do Intermareal, a Pesca e a Salga (CIPES), en Moreiras, O Grove, a exposición Ernesto Goday, o mar do Grove nas coleccións dos seus veciños.
O acto contará coa intervención de Rosa Villaronga Goday, Luís Rei e Xoán Antonio Pillado.
Ernesto Goday Caamaño (O Grove, 1914 – Madrid, 2001), foi un pintor do Grove, cunha extensa e variada obra na que o mar ten unha importante presenza. Neste fotolog adicado a Ernesto Goday pódese atopar información e imaxes da súa obra.

(Imaxe: http://ernestogoday.mifotoblog.com)

Actualización: en TodoGrove.com hai unha crónica da inauguración, con fotos e un video coas intervencións mencionadas

Etiquetas