Escola de Navegación Tradicional. Comeza a temporada 2007

O día 17 de Maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, comeza a nova temporada a Escola de Navegación Tradicional da A.C.D. Dorna da Illa de Arousa.
Os actos serán no muelle do Xufre, ás 11:00 horas, e constarán de recital poético, botadura das dornas novas, xantar e navegación, tamén haberá venda de libros e todo estará amenizado pola música da propia asociación.
E, xa desde un punto de vista persoal, decirvos que é unha experiencia especial aprender a navegar cos patróns da Illa, non so polo que aprendes, que é moito, senón polo ambiente que se xenera alí.
Recomendovos a todos que pasedes pola sede da Escola e vexades o magnífico traballo que están a desenvolver.

Etiquetas