Escola Obradoiro Mar de Vigo


Desde a Escola Obradoiro Mar de Vigo, o seu director, Henrique Otero, envíanos este texto e fotos que nos permitirán facernos unha idea do traballo que desde hai anos está a desenvolver esta meritoria iniciativa, que ademais de formar rapaces nas técnicas e saberes relacionados co mar, xa ten no seu haber un bo abano de embarcacións construidas:

Xa comenzados os proxectos de obra na escola obradoiro Mar de Vigo IV que, como sabedes está promovida polo Concello de Vigo e financiado pola consellería de Traballo, o Fondo Social europeo e o propio Concello, creo que é bo momento para informar do que estamos a facer.
Contamos actualmente con 40 rapaces e rapazas (entre 18 e 25 anos) agrupados en tres especialidades

  1. Carpintería de ribeira con 14 alumnos/as
  2. Construción naval en laminados de madeira con 14 alumnos/as
  3. Actividades náuticas con 12 alumnos/as


Cada unha destas especialidades leva unha obra asociada que , neste proxecto, comenzouse a acometer en xullo logo de pasar os seis primeiros meses do 2008 en periodo formativo.
A obra de cada especialidade é:

  1. Carpintería de ribeira: rematar o galeón que se comenzara no anterior proxecto e construir unha dorna de tope (encadrada dentro dos parámetros do desafío)
  2. Construción naval en laminados de madeira: construción dunha embarcación de servizo de tipo planeadora cabinada con técnicas mixtas (contrachapado, laminados…)
  3. Actividades náuticas: actividades de confección de velas, acastillaxe e mantemento das embarcacións da escola. Navegación nas embarcacións con actividades divulgativas con centros escolares e asistencias a eventos (feiras sectoriais, encontros …). Sinalar que os/as alumnos/as desta especialidade acadan o “titulín” o “monitor básico de piragüismo” e o de “socorrismo e primeiros auxilios”


Os/as alumnos/as, que xa están na fase de contratación por parte do Concello (contrato de formación) reciben ademáis unha formación complementaria en:

  • Prevención de riscos laborais. Impartición do curso de prevención de 50 horas
  • Iniciación á informática: curso de 30 horas
  • Educación Básica: o longo do proxecto unha profesora fai unhas clases de apoio para os/as que non acadaron a E.S.O.
  • Orientación Laboral: nos últimos 10 meses contamos cunha orientadora que traballa cos/as rapaces/as dende a interpretación dunha nómina ata a preparación dunha entrevista de traballo; dende os tipos de contratos e as súas características ata técnicas de traballo en grupo. Ademáis e xunto ó director entre en contacto con empresas do sector para buscar posibles colocacións daqueles/as que se consideren capacitados.
  • Modulo de educación medioambiental
  • Módulo de igualdade de xénero

Temos actualmente centrados os esforzos no galeón “Coruxo” (é o nome que propoñemos) que ten como características


eslora:
9 m 50cm

manga :
3 m 30cm

puntal:
1 m 10cm

desprazamento:
5 Tm

 

Leva como auxiliar un motor Solé de 44 CV

Asimesmo estamos cos primeiros pasos da dorna e comenzando coa embarcación laminada.

Está en vixencia unha páxina web en construción que é hoxe.vigo.org/movemonos/educacion_mar na que podedes ver o noso traballo anterior e algo do actual. Tamén existe , pero non por moito tempo, unha páxina que é http://emprego.vigo.org/mardevigo sobre edicións pasadas da escola.

Etiquetas

2 cometarios sobre “Escola Obradoiro Mar de Vigo

    1. Coisa muito bonita sim senhor e que me faz acreditar que também é possível na minha terra, Vila do Conde / Póvoa de Varzim. Com muitas dificuldades, um dia algo nascerá e não desisto.

Comments are closed.