Estratexias para a conservación da Cultura Mariñeira. Mesa redonda

Dentro das IV Xornadas Mar de Marín mañán 25 de setembro ás 20:00 h no Ateneo Santa Cecilia de Marín vai ter lugar a mesa redonda Estratexias para a conservación da Cultura Mariñeira. Nesta mesa redonda participará Víctor Fernández, presidente da FGCMF, xunto cun representante de Portos de Galicia e Antón Pousada, presidente do G.C. Ronsel.

Nesta ocasión as Xornadas están dedicadas aos Museos do mar e aos Centros de Interpretación Mariñeira

Etiquetas