Estrea do Pantalán de Embarcacións Tradicionais do CM A Reiboa

Os amigos do Clube Mariño A Reiboa veñen de estrear o seu novo pantalán de embarcacións tradicionais no peirao da Chousa, en Combarro. O vindeiro sábado 16 ás 11:30 h. tamén van facer a botadura oficial da súa nova dorna de tope, A Reiboa, que estes días anda facendo as súas probas de mar.

Este novo pantalán, cedido por Portos de Galicia, ven unirse ao pantalán de Bouzas, co que xa son dous os adicados especialmente ás embarcacións tradicionais.

Parabéns ao CM A Reiboa polo traballo feito, por ter conseguido este pantalán, e pola botadura da súa nova dorna de tope.

Etiquetas

Un comentario sobre “Estrea do Pantalán de Embarcacións Tradicionais do CM A Reiboa

Comments are closed.