European Atlas of the Sea

A DG MARE, Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca, está promovendo o European Atlas of the Sea (en inglés, francés e alemán, por agora polo menos).
Pretende ser unha ferramenta visual para ter información rápida sobre todo tipo de cuestións relacionadas cos mares que bañán a Unión Europea.
Neste momento os datos de cultura son escasos polo que o EMH ten como un dos seus obxectivos que se completen os datos relativos a patrimonio marítimo de todos os paises membros.
A imaxe de arriba é un mapa do consumo de peixe na UE, no que Portugal é o máis destacado, xa que oficialmente consume 55 kg por persoa e ano, cando a media da UE é de 22 kg.

Etiquetas