Exposición dos proxectos do Concurso de ideas para a conservación do Estaleiro da Banda do Río. Bueu

Desde hoxe está aberta no Museo Massó unha exposición onde se poden consultar integramente o proxecto gañador e os outros sete proxectos presentados ao Concurso de ideas para a conservación e utilización do Estaleiro da Banda do Río.

A exposición estará aberta ata o 5 de xaneiro e poderá visitarse de martes a sábado de 10:00 a 20:00 h e os domingos e festivos de 10:00 a 14:00 h. A entrada é gratuita.

Etiquetas