Exposición sobre Daniel Pazó Vila

O vindeiro sábado 29 ás 20:00h no Local Social da A.VV. de Panxón, sito no barrio da Porqueira (1º ramal a dereita xusto antes do centro antena do Concello de Nigrán) vaise inaugurar a exposición Mostra sobre Daniel Pazó Vila, o inventor dos casulos das nasas, invento co que revolucionou a pesca do pulpo.

Na presentación, Daniel un dos fillos de Daniel Pazó, amosará un dos primeiros casulos que confeccionou o seu pai con rede metálica coñecida popularmente coma “rede coelleira” e comentará anécdotas da “espionaxe Industrial” a que estivo sometido o seu pai por parte dos outros pescadores de Panxón durante caseque 15 anos, ata que unha tarde lles desvelou o seu segredo.

Esta exposición que se mostra por segunda vez, está feita polo Clube Marítimo Marisma da Ramallosa. Agradecémoslle ao Clube que nos enviara copia dos paneis da exposición para que quen non poida vela en persoa teña información sobre Daniel Pazó Vila.



Actualización: a presentación da exposición contou coa presenza de 40 persoas, unha cantidade de público considerable e que permiteu abrir un interesante coloquio. Unha das conclusións que se poideron tirar do coloquio é que antes da popularización do uso do casulo nas nasas era moi pouco o polbo que se pescaba con elas, xa que a maioría pescábase con raña. Na foto de abaixo pódese ver o fillo de Daniel Pazó durante a presentación

Etiquetas

2 cometarios sobre “Exposición sobre Daniel Pazó Vila

  1. Por un erro inexplicable, ecribimos o dia 22. Non é así, é o SÁBADO 29, repito O VINDEIRO SÁBADO 29 AS 20.00 horas.

    Saudos
    José Manuel

Comments are closed.