Faleceu Domingos Dosil

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial diante do pasamento de Domingos Dosil, ex-alcalde de Muros, quere facer públicas as súas condolencias á súa familia e amigos. Desde a FGCMF lembramos con agarimo e respecto a unha persoa que nunca fixo das dificultades unha barreira e, como bo mariñeiro e coñecedor do mar, apoiou as iniciativas a prol do recoñecemento da nosa cultura mariñeira e tradicional. Sen a súa persoal implicación, o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrado en Muros no ano 2009 estando Domingos como Alcalde, non tería nin a relevancia nin a transcendencia que tivo. Que o Vento Mareiro o acompañe. Ata sempre.

Etiquetas

3 cometarios sobre “Faleceu Domingos Dosil

  1. Quem quer que fosse que escrebeu isto, que o corrija e nom suje a memória do finado com o “houvera tido”.

Comments are closed.