Faros de Ferrol


Esta web, Faros de Ferrol, está feita por Ignacio Fernández, Encargado de Axudas á Navegación da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrán, un antigo, que non vello, fareiro.
Recolle moita información sobre os faros e outras axudas da zona de competencia da Autoridade, e tamén relatos e unha moi completa bibliografía sobre faros de todo o mundo.
Os faros e as outras axudas, son cousas esenciais para os que andan no mar, pero que moitas veces non se lle presta a atención que merecen, como peza básica na seguridade no mar, e como patrimonio de todos que son. Por isto é moi de agradecer que se fagan webs como esta que colaboren a espallar o coñecemente e o respeto polos faros.

Etiquetas