Festa do rio. Monforte

O vindeiro día 30 de xullo vai ter lugar en Monforte de Lemos a Festa do Rio, e dentro dela o VI Encontro de embarcacións tradicionais, que contará con barcos de varios lugares de Portugal e Galicia.
A Festa, organizada polo Concello de Monforte e a Asociación Casa do Barqueiro, conta no seu programa con exposicións de artes antigas de pesca, demostracións de montaxe de moscas, xogos de rio, piscina xigante con barcas para os nenos, xogos tradicionais, contacontos, taller de nós, proxección de documentais, charlas, etc. Acompañando a todo esto haberá casetas de hostalería para xantar e unha zona de picnic.
Un completo programa para nenos e maiores para pasar un día no rio Cabe en Monforte.



Actualización: en El Progreso hai unha crónica da Festa do Rio deste ano, e en Youtube hai un par de videos

Etiquetas