Festival Mar de Mares. A Coruña

Hoxe comezou o Festival Mar de Mares na Coruña e os seus eventos rematarán o día 29 de novembro. Este festival que na edición anterior chamábase Marea Alta é un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar. Está formado por sete exposicións, máis de 30 actividades e 40 talleres e visitas, todo isto ao longo dos 67 días de festival.

O seu programa é amplísimo, pero queremos destacar o Mercado do mar, do 25 ao 27 de setembro nos xardíns de Mendez Núñez, no que se poderán ver demostracións e presentacións de produtos e iniciativas ao redor do mar e onde haberá stands das empresas e entidades participantes. A ACM Patexeiros de Sada, membros da FGCMF, estarán presentes cun stand, unha buceta do norte en exposición en seco e unha actividade de xogo infantil sobre a pesca que tivo un éxito enorme no pasado Encontro en Cabo da Cruz.

Etiquetas

Un comentario sobre “Festival Mar de Mares. A Coruña

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *