Festival Marea Alta. A Coruña

Ata o día 21 de setembro está aberto na Coruña o Festival Marea Alta. O Festival é un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar, que celebra a súa primeira edición na cidade da Coruña. Marea Alta é un encontro internacional arredor do mundo mariño que quere celebrar a importancia dos océanos como fonte de riqueza e recurso natural imprescindíbel.

No Festival diversos creadores e expertos amosaránnos os últimos avances e creacións en campos como a pesca sostíbel, o fotoxornalismo, a gastronomía, a reciclaxe mariña, etc. O Festival Marea Alta é exposicións, obradoiros, proxeccións, encontros con artistas, científicos e representantes do sector industrial, debates, charlas e storytelling, mercado, e actividades gastronómicas relacionadas coa contorna mariña.

É especialmente salientable a sección Mercado do mar, onde se poderán ver presentacións de produtos extraídos do mar, demostracións, obradoiros, visitas, exhibicións, actividades familiares, catas gastronómicas, etc.

Etiquetas