Fillos do Océano. Exposición

Mañán 5 de novembro ás 20:00 h vaise inaugurar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a exposición Fillos do Océano, do fotógrafo Javier Teniente.
Este proxecto naceu do traballo do fotógrafo na costa galega en 2001, que dera lugar á exposición Mans Salgadas, e que logo ampliou a comunidades pescadoras de todos os continentes.
O autor pretende documentar a forma de vida das comunidades que viven da pesca artesanal, e chamar a atención sobre os problemas destas comunidades, e a necesidade de traballar na preservación dos ecosistemas mariños.

Etiquetas

Un comentario sobre “Fillos do Océano. Exposición

  1. Fantasticas fotos as de “Teniente”. Ten un calendario dos que fai o FROM fermoso-isimo, o do 2010.

Comments are closed.