Finaliza o proxecto WOOBTA

Acaban de facerse públicos os resultados do proxecto WOOBTA “Wooden Boatbuilding Training Association”. Este proxecto pretende a formación dunha asociación de centros de formación en carpintería de ribeira e a posta en valor do oficio, e nel participa o CETMAR a través da Aixola como representante galego, xunto con Les Ateliers de l’Enfer (Bretaña), Falmouth Marine School (Cornwall) e Skeppsholmens folkhögskola (Suecia). O proxecto contou así mesmo coa colaboración de AGALCARI

Tamén acaban de facerse públicos os audios da xornada de presentación de resultados do pasado 10 de xullo en Santiago.

Na imaxe de arriba vese a visita dos participantes no proxecto ao Chantier du Guip en Brest. A foto foi tomada da galería correspondente en Astilleros Lagos.

Etiquetas