Finou Luís Rei

Morreu Luís. Os que o coñecéstedes sabedes porqué o choramos. Os que non tivéstedes a sorte de coñecelo sabede que foi unha peza fundamental no movemento pola defensa do patrimonio marítimo e noutros moitos ámbitos de traballo, pero sobre todo sabede que foi un home bo, bo e xeneroso, como pode acreditar quen algunha vez precisara da súa axuda.

Na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial sentimos fondamente a perda de Luís e enviamos as nosas condolencias á súa familia.

O enterro será mañá, 11 de agosto, no Grove, con saída desde o tanatorio ás 18:30 h cara ao cemiterio municipal.

(Imaxe: Mónica Ferreirós. Acompaña á última entrevista de Luís publicada na Voz co gallo da entrega do premio Ramón Cabanillas)

2 cometarios sobre “Finou Luís Rei

  1. Dende a asociación cultural Canle de Lira queremos dar una aperta a familia e todo-los achegados.
    Coñecemolo nas xornadas de Cambados,e era una gran persoa.
    D.E.P.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.